Páginas

miércoles, 9 de octubre de 2013

LARANXUS 7

O noso amigo "Verde" viaxando polo espacio exterior

Este mes de Outubro estaremos co espectáculo familiar "Laranxus 7" en Peitieiros (Gondomar) e en Moaña. 

As representacións serán realizadas nas seguintes datas: 19/10/2013: Centro Cultural Peitieiros (Gondomar) ás 20:30  horas. 
20/10/2013:(Dobre pase)Auditorio Daniel Castelao (Moaña) ás 17:00 e as 18:30 horas. 

"Laranxus 7" é un planeta situado moi lonxe da terra habitado por un só individuo: "Verde", o protagonista da nosa historia. "Verde" vive feliz e tranquilo no seu planeta sostible. Un día ten que realizar unha viaxe fóra do seu fogar atravesando o espazo intergaláctico. Cando chega de novo a "Laranxus 7" atópase cunha seria ameaza... Poderá "Verde" afrontar os perigos e salvar ao seu querido planeta?



Centro cultural "Peiteiros"

Ver mapa más grande


Auditorio Daniel Castelao

Ver mapa más grande

No hay comentarios:

Publicar un comentario